martes, 1 de diciembre de 2020

PRESENTACIÓN DOS EQUIPOS

Comezamos o curso coa formación dos novos equipos.
Con eles traballarás no  Proxecto "Coida do teu planeta": Aprende reutilizando e reciclando os materiais de refugallo, así como participarás noutras actividades relacionadas cos obxectivos do curso.

Estes son os primeiros traballos que debedes realizar:
- Presentarédesvos  individualmente ao grupo.
-Gravaredes un vídeo co que lle guste facer a cada membro do equipo.
-Pensaredes cada un de vós, un nome para o voso equipo. Con todos eses nomes elaboraredes unha nube de ideas en image chef. Faredes una captura de pantalla e recortaredes a imaxe.
-Elixiredes un dos nomes propostos e con el debedes elaborar a portada para a presentación do equipo ao resto da clase, con image chef, Typorama ou Pic Collage.
-Sacaredes unha foto a cada membro do equipo e un selfie todos xuntos.
- Elaboraredes un vídeo en imovie con todo o material, feito ata este momento.
- Faredes por último unha contraportada co nome do equipo e o nome de todos os seus compoñentes en image chef, Typorama ou Pic Collage.
- Para rematar debedes enviar, as diferentes diapositivas elaboradas, ao blog  e o vídeo á tableta da profesora o vídeo elaborado por todo o equipo.